Revista de Filología Románica Vol. 18(2001)73-102
ISSN: 0212-999X
O contido deste estudio vai dirixido a describir, na medida do posible, os aspectos a ter en conta para determina-la fronteira lingiiística entre galego e leonés alí onde se encontran estas dúas modalidades, no territorio das provincias de León e Zamora . Así, intentaremos diferenciar, desde unha perspectiva estrictamente lingüística, os fenómenos pertinentes para a delimitación da fronteira; a continuación, e a partir dunha rede de puntos o máis mesta posible, trazarémo-las isoglosas correspondentes que marcarán o contorno xeográfico de cada un destes fenómenos linguisticos e separarán a presencia do trazo nunha área da súa ausencia noutra. Examinarémo-la distribución destas isoglosas antes de intentar traza-la fronteira lingiiística: segundo sexa o decorrer destas isoglosas, en feixes ou soltas, o paso do galego ó leonés realizarase de modo abrupto ou de modo gradual; traza-la fronteira lingiiística entre galego e leonés non será difícil no primeiro caso, pero no segundo, as isoglosas que corren soltas están determinando a existencia dunha área de transición entre os dous dominios na que aparecen unhas falas con comportamentos especiais en relación a eles, unhas falas de transición que debemos ter en conta para poder determina-lo que acontece nesta zona fronteiriza. Unha vez considerados estes factores, que pasamos a detallar a continuación, estamos en condicións de intentar delimita-la fronteira entre o galego e o leonés.
TRAZOS PERTINENTES PARA A DELIMITACION DA FRONTEIRA. TRAZADO DAS ISOGLOSAS

Nunha primeira fase, elaborouse un cuestionario amplo no que foron considerados tódolos fenómenos que caracterizan ó galego e ó leonés, tanto os comúns como os diferenciais . Este cuestionario foi aplicado no ano 1991 nos puntos escollidos da zona de Bierzo, que foi tomada como mostra por se-la máis problemática: puidemos así obter datos sobre o comportamento e vitalidade destes trazos . Traía análise destes datos, pasamos a unha segunda fase, na cal se rexeitaron os fenómenos que non eran pertinentes para o trazado da fronreira a fin de elaborar un cuestionario máis reducido que tivera en conta só os trazos máis relevantes e as combinacións dos mesmos; este cuestionario reducido fol aplicado durante o ano 1995 ó longo dunha rede de puntos nas zonas restantes: A Fornela e Os Ancares de León, A Cabreira e Sanabria . As conclusións obtidas a raíz do estudio realizado in situ nas dijas fases indicadas e a posterior análise dos resultados, permítennos afirmar que os trazos que parecen ter pertinenciana zona para diferenciar galego e leonés son o resultado de Ĕ, AE, ŏ latinos, da simple e da xeminada lateral latina, da simple e da xeminada nasal latina, do grupo S+iode, e de TĔNEO, VĔNIO .
Determinados os trazos pertinentes, procedemos ó trazado das isoglosas correspondentes. No mapa 1 rexistramos estas isoglosas —neste caso ísofonas a—, que sinalan o contorno xeográfico de cada un destes trazos lingúísticos:
1. Resultados de Ĕ, AE, ŏ latinos> aditongación / ditongación
2. Resultados de L-, -LL-> -1-1-11-
3. Resultados de -L-> Φ/-l-
4. Resultados de -NN-> -n-/-ñ-
5. Resultados de -N-> Φ /-n-
6. Resultados do grupo SI> -iš-/-is-
7. Resultados das formas verbais TĔNEO, -AM, VĔNIO, -AM> Ptes. Etimológicos / analóxicos

DISTRIBUCION DAS ISOGLOSAS. FEIXES DE ISOGLOSAS / ISOGLOSAS SOLTAS: A ÁREA DE TRANSICIÓN

Pero pretendemos trazar unha fronteira lingüística, e a base dunha fronteira son as isoglosas, varias isoglosas; hai que precisar que as escollidas deben se-las realmente pertinentes: utilizar menos traería como consecuencia unha descrición parcial da fronteira , e utilizar máis isoglosas non pertinentes ou de distinto nivel xerárquico— poderla levar a conclusións erróneas. Por esta razón imos ter en conta unicamente as sete isoglosas que marcan os sete trazos pertinentes para delimita-los dous dominios lingúisticos. Debemos, ademais, deixar ben claro que é necesario considera- lo decorrer destas sete isoglosas ó longo dunha densa rede de localidades no territorio fronteirizo en conxunto, no que constitúe a totalidade da macrofronteira galego-leonés: de non facelo así, poderiamos ter unha visión parcial da cuestión, que tamén nos levaría a conclusións equivocadas.
Observamos, entón, a disposición das sete isoglosas na macrofronteira (cf. mapa 1). Segundo a súa distribución diferenciamos uns tramos nos cales estas isoglosas aparecen en feixes (de Benuza a Rionor, punto no cal as isoglosas se separan de novo), e outros tramos nos cales as isoglosas discorren soltas (do norte de León a Benuza, e na zona sur Rionor, punto limítrofe con Portugal). O primeiro caso non presentará problemas para o tranido da fronteira: o paso do galego ó leonés realizase dun modo abrupto.

Retomando o anterior, podemos afirmar que entre o galego e o leonés, alí onde as isoglosas correspondentes ós sete fenómenos considerados pertinentes para traza-la fronteira corren soltas (cf. mapa 1>, confórmase unha zona hinguistica fronteiriza que debe ser considerada de transición entre os dous dominios, por aparecer nela, nos puntos estudiados, distintas modalidades que fluctúan entre o galego e o leonés en maior ou menos grao. Segundo dominen os trazos galegos, leoneses ou as solucións de compromiso. Chamaremos a esta área lingilística fronteiriza área on franxa de transición, e ás falas que nela aparecen falas de transición. Non pretendemos neste estudio explicar con exhaustividade as falas de transición; unicamente, e con finalidade de determinar en qué medida sería posible trazar unha fronteira nelas ou entre cias, queremos definilas en relación coas entidades dialectais en contacto: partiremos dos sete trazos que considerarnos pertinentes para diferenciar galego e leonés para, en primeiro lugar, achegar unha clasificación destas falas de transición e, en segundo lugar, observa-las fluctuacións entre os dominios vecinos. Indicamos desde xa que se ben estes sete trazos son determinantes para definir, non pretenden ser suficientes para describi-la complexidade dialectal destas áreas, nas que ademais do contacto ó longo dos séculos entre galego e leonés, que vai conformando o carácter destas variedades, hai que considera-la superposición do castelán , Pretendemos unicamente facer unha aproximación xerárquica baseada nos trazos pertinentes diferenciadores dos sistemas que estiveron en contacto durante anos. Sobre esta aproximación inicial, tendo presente esta primeira clasificación, un estudio posterior poderla afronta-lo feito de facer unha análise máis profunda que considerase máis trazos e un maior número de isoglosas, unha análise que achegase máis datos sobre as variedades lingüísticas existentes na área de transición, que permitise caracterizalas en profundidade e delimitar dentro delas zonas e subzonas .

a) Galego de transición. As falas que englobamos dentro desta denominación caracterízanse por presentar maioritariamente resultados galegos, como a aditongación nas formas procedentes de Ĕ, AE, ŏ latinos, a conservación da oposición latina de -N-/-NN-. co resultado Ф/n (irmá/pena: perda do -N- nas formas con -N- intervocálico, e resultado -n- de -NN-), o resultado palatalizado iš (queišo, cereiša, carqueiša) do grupo consonántico latino SI e a forma palatalizada (teño, veño, poño) nos presentes de TĔNEO, VĔNIO. Xunto a estes trazos galegos, aparece unha solución de compromiso: a perda da oposición latina -L-/-LL- (simple/xeminada) a favor dun único fonema /1/ (calente, amarelo); o resultado -1- procedente de L-, -LL- latinos é un resultado propio do galego, mentres que o resultado -1- procedente de -L- debe asociarse ó leonés. O galego de transición rexístrase no Bierzo (SMA, N, VF, D, VILL, BORR e CARU), e continúa cara ó sur en CASTR.
b) Transición. As falas deste tipo presentan o resultado do galego nas nasaís, de compromiso nas laterais e do leonés nos resultados de Ĕ, AE, ŏ e grupo SI. Así, de resultado galeguizante pode tildarse a conservación da oposición latina de -N-/-NN-, cun resultado Ф/n (irmá ou irmanha, ano).
Xunto a este, aparece unha solución de compromiso nas laterais. por perda da oposición latina -L-/-LL- en favor dun único fonema /1/ ((a)marielo, caliente).
Por último, estas falas presentan resultados leoneses, como as formas ditongadas e o resultado non palatalizado is (queiso, cereisa, carquelsa) do grupo SI. Podemos encontrar falas deste tipo nun punto da Fomela (GUI), no Bierzo (FON, EH) e en Sanabria (RIO).
c) Transición de Pombriego. A fala de Pombriego presenta solucións de compromiso nas laterais e nasais ó lado de resultados leoneses para os restantes trazos. As solucións de compromiso tradúcense na perda da oposición latina -L-/-LL- (simple/xeminada) a favor dun único fonema /1/ ((a)marielo, caliente), e na perda da oposición latina -N-/-NN- a favor dun único /n/ (ano, irmana). Xunto a estas solucións de compromiso, temos resultados que poden cualificarse de leoneses: formas ditongadas, resultado is do grupo SI e presentes analóxicos.
d) Leonés de transición (I). Nas falas englobadas neste bloque aparecen resultados leoneses en tódolos trazos agás nas nasais, que teñen o resultado do galego. Así, é propia do leonés a conservación da oposición latina nas laterais, de simple e xeminada -L-/-LL-, cun resultado l/ll na zona (caliente,(a)mariello): resultado -1- (conservación de -L-), nas formas con -L- intervocálico, e resultado -ll- (palatalización) , de L- e -LL- (en toda a zona estudiada, contrariamente a outras do leonés, só aparece este resultado, -ll-,para L-, -LL-). Tamén son propias do leonés as formas ditongadas, o resultado is do grupo SI e os presentes analóxicos vengo, tengo, pongo. Xunto a estes trazos leoneses, aparece un único resultado galego, pero de gran rendemento: a conservación da oposición latina da simple e xeminada -N-/-NN-, cun resultado Ф/n (irmá ou irmanha, ano) por perda do -N- nas formas con -N- intervocálico e resultado -n- de -NN-. Leonés de transición (1) rexistrámolo na maioría dos puntos da Fornela (CHA, TRAS, PER), en un punto do Bierzo (SAN).
e) Leonés de transición (II). Só o rexistramos nunha zona compacta do Bierzo (LI, SPP, BAR). Tódolos trazos teñen resultados leoneses, agás no caso das nasais, que presentan unha solución de compromiso, Esta última vén da perda da oposición latina simple/xeminada -N-/-NN- a favor dun único fonema /n/: irmana, ano. Xunto a isto, os restantes trazos son xa definitivamente leoneses: mantense a oposición latina nas laterais, de simple e xeminada -L-/-LL-, cun resultado l/ll (caliente, (a)mariello), aparecen formas ditongadas, o resultado is do grupo SI e os presentes analóxicos .
Nos cadros que seguen presentámo-las combinacións posibles dos sete trazos na zona estudiada, achegámo-la clasificación das falas atendendo á combinación de resultados, e indicamos para cada unha delas un punto que corresponde a esas características lingüísticas.

No mapa 3, realizado a partir das isoglosas indicadas no mapa 1, marcámo-las distintas modalidades que se rexistran nesta franxa de transición. Como vemos no mapa, estamos ante unha zona dc gran variedade e forte personalidade lingüística: proba disto é que a situación non é uniforme nín nun mesmo concello, como podemos comprobar nos mapas 4, 5, 6 e 7; sen considera-lo castelán que se superpuxo ás falas autóctonas, nalgúns concellos podemos rexistrar dúas variedades ou máis (Fabero, mapa 4: transición e leonés de transición II; Vega de Espinareda, mapa 5: galego, galego de transición e transición; Benuza, mapa 6: transición e leonés; Pedralba de la Pradería, mapa 7: galego, transición e leonés). Esta situación que acabamos de indicar non ¿ máis que unha mostra, de tantas, da complexidade dialectal desta franxa de transición.
Unha vez clasificadas estas falas de transición en relación coas entidades dialectais en contacto, non podemos deixar de comentar un fenómeno —propio dos dialectos de transición— que aparece nestas falas e dalgún modo as caracteriza: a fluctuación entre os dominios veciños —galego e leonés neste caso—, que non impide ás falas de transición ter comportamentos orixinais. Estas fluctuacións non presentan a mesma relevancia estructural nin atenden ás mesmas explicacións, polo que, cando menos, hai que diferenciar tres grupos: alternancias, infiltracións e solucións de compromiso. Tomando unha vez máis como referencia os sete trazos pertinentes, só podemos mostrar aquí algúns exemplos destas fluctuacións, ou se queremos interferencias, utilizando o termo en sentido amplo que dalgún xeito son restos dun contacto, dunha loita de tendencias entre galego e leonés durante séculos, un encontro que se foi dando ó longo da historia e determinou, en maior ou menor medida, a formación e o carácter destas falas de transición.

Polo que respecta ó segundo caso de fluctuación, consideramos que hai infiltracións (galeguismos ou leonesismos) cando o resultado autóctono é substituido por outro do sistema veciño; o fenómeno pode ser esporádico —darse só nun punto-— ou afectar a zonas máis amplas. Nos mapas tradúcese nunha desviación das isoglosas secundarias con respecto á prímaria.

Estes dous fenómenos de fluctuación, alternancia e infiltración, son normais nunha zona en que tamén aparecen solucións de compromiso, nin propiamente galegas nin leonesas, que marcan un claro carácter de transición nestas falas. Son, se cadra, as máis determinantes e caracterizadoras da orixinalidade destas zonas de transición, e escapan a explicacións estrueturalistas.
Dentro destas solucións de compromiso temos, por unha parte, a solución -ielo de -ÉLLUM, que afecta a dous fenómenos (Ĕ latino, -LL- latino: resultado ditongado, leonés, con simplificación de -LL-, galego) e aparece en Guimara, Pombriego e Rionor, puntos non precisamente próximos entre si. Por outra parte, témo-las solucións de compromiso nos sistemas de laterais e nasais, que se traducen na perda de oposición -LL-/-L- e -NN-/-N-latinos que quedan reducidos a /1/ e /n/. Nas laterais, estas solucións danse na Fomela, no Bierzo (GUI , FON, EE, VP, SMA, N, D, VILL, BORR, CARU), en CASTR e nun punto de Sanabria (RIO), mentres que nas nasais aparecen nunha zona compacta do Bierzo alto (SPP, LI, BAR); mención á parte merece Pombriego, punto no que se presentan solucións de compromiso tanto nas laterais como nas nasais. O estudio conxunto dos resultados de laterais (L-, -LL-; -L-) e nasais (N-, -NN-; -N-) nos puntos tratados de León e Zamora, permítenos diferencia-los cinco sistemas que representamos no cadro que segue:

Como vemos, no que se refire a laterais e nasais, S1 representa o sistema galego e S5 o sistema leonés. Entre eles temos sistemas de transición (S2, 53, S4), que combinan resultados propios das falas galegas, das falas leonesas, e solucións de compromiso baseadas na perda de oposición —nas laterais ou nas nasais— en favor dun único fonema. Así, S2, solución de compromiso nas laterais, galega nas nasais; S3, solución leonesa nas lateraís, galega nas nasais; 54, solución leonesa nas laterais, de compromiso nas nasais ; por último SP (sistema de Pombriego), con solucións de compromiso en laterais e nasais. A vista destes catro sistemas, non podemos deixar de citar a Catalán (1954, p. 125):
«El estructuralismo puede gloriarse de haber aplicado con éxito un principio metódico de gran valor: el sistema está de continuo presente en la génesis de los cambios fonéticos. Pero debe también tener en cuenta que la lingüística no puede ni debe prescindir de otros factores históricos (aparte del substrato) que influyen tanto o más poderosamente que la estructura fonológica en la suerte de las lenguas».
Desde logo, non podemos deixar á parte os factores históricos se queremos explicar estas fluctuacións, pois é moi posible que as altemancías e solucións de compromiso se deban a unha loita entre dialectos en contacto que estivo presente durante séculos; en canto ós préstamos, tamén deben ser relacionados con factores extralingilísticos. Uns e outros son síntomas da fluctuación e contacto entre galego e leonés e deben ser explicados atendendendo a factores que van máis alá do estrictamente lingüístico e das explicacións que pode achega-lo estructuralismo. Deixamos aquí pendente este estudio, que examinaría a incidencia dos factores extralingüísticos no lingüistico, e podería achegar unha explicación das causas que producen estes fenómenos de fluctuación derivados do contacto entre galego e leonés.
TRAZADO DA FRONTEIRA LINGUISTICA ENTRE GALEGO E LEONÉS. CONCLUSION.
Unha vez considerada a distribución das isoglosas correspondentes ós fenómenos pertinentes, examinada a área de transición determinada polas isoglosas que discorren soltas, e tendo en conta tamén a zona na cal se agrupan en feixes, estamos en condicións de intentar delimita-la fronteira entre galego e leonés nas provincias de León e Zamora . Retomando o antenormente exposto en relación á distribución das isoglosas, diferenciamos unha zona, de Benuza a Rionor —punto limítrofe con Portugal no que as isoglosas se separan—, na cal as isoglosas discorren en feixes determinando unha fronteira abrupta entre galego e leonés. Neste caso pode trazarse unha liña divisoria clara que deixa a un lado os puntos de Ourense (galego) e ó outro os puntos da Cabreira: Sigüeya, Lomba, Silván, Trabazos, La Baña, Encinedo (leonés); en Sanabria separa Pías, Padornelo, Calabor (galego), de San Ciprián de Sanabria, San Martín de Castañeda, Sta. Cruz de Abranes, etc. (leonés). Pero noutra zona, que vai do norte de León a Benuza, e xa no sur colle Rionor, as isoglosas discorren soltas, aínda que nalgúns tramos do trazado coinciden algunhas delas. Neste caso o paso dunha lingua a outra realizase como unha transición: aquí non poden trazarse fronteiras precisas, pois as isoglosas soltas correspondentes a distintos fenómenos indican, como xa vimos, a existencia dunhas falas de transición entre os dous dominios que van marcando o paso gradual dun dialecto a outro establecendo entre eles, máis que unha fronteira, un continuum linguistico. Queda claro que, en sentido estricto, e sendo fieis á realidade lingüística da área de transición, parece difícil trazar unha fronteira nesta zona, pero aínda tendo isto presente, e con tódalas reservas, propoñemos unha liña divísoría —se queremos aproximativa ou artificial— coa finalidade de, dalgún xeito, establecer unha fronteira entre o dominio galego e o leonés. Esta liña trazaríase tendo como base a clasificación establecida nas falas de transición, e deixaria a un lado toda a zona de fala galega ou de transición ó galego (modalidades: galego e galego de transición), ó outro tódolos puntos situados dentro da zona leonesa ou de transición ó leonés (leonés de transición (I, II) e leonés) e cruzaría —para marcar así o seu carácter intermedio— os puntos correspondentes á modalidade que consideramos de «transición» por presentar unha combinación de solucións equilibrada entre os dous dominios. Se aceptamos esta proposta, que marcaría a fronteira entre os dous dominios amparándose nas modalidades adscritas a cada un deles, a divisoria iría, na provincia de León, de Ancares, Fornela e Bierzo ó norte da Cabreira, desde Guimara a Benuza, e na provincia de Zamora retomaríase de novo en Rionor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario