A influencia da historiografía castelán na española
CAMILO NOGUEIRA
Extractos tomados de: A memoria da nación. O reino de Gallaecia
Extractos tomados de: A memoria da nación. O reino de Gallaecia
Facendo unha lectura presentista do papel histórico de Castela, a historiografía española interpreta segundo os intereses parciais casteláns á incerta loita dinástica peninsular dos séculos XIII a XV que conduciu á criación dos Estados español e portugués. Da por feito que na Idade Media xa existía España na súa forma contemporánea.
A idea de España como un destino unitario arredor de Castela aparece como formulación político-histórica no século XIII, ao consolidarse Castela por primeira vez como reino separado independente, nunha liña que protagoniza primeiro o arcebispo de Toledo, o navarro-castelán Ximénez de Rada, e despois Afonso X. Reforzase no século XIV, no tempo da batalla pola hexemonía entre os reinos peninsulares mantida especialmente entre o reino de Portugal e a coroa de Castela e Galiza, sendo a súa biblia a Crónica de Castilla, unha crónica fantasiosa destinada a encher o baleiro político de Castela na Alta Idade Media. Adquire unha intransixencia singular nos escritos dos ideólogos dos reinados dos Trastamara Henrique IV e Isabel e Fernando no século XV, condicionando a visión oficial do acontecer peninsular dos séculos posteriores.
No século XX, as virtudes históricas de Castela servirían para xustificar a defensa dun Estado unitario e centralizado fronte as aspiracións dos países e antigos reinos da península con vontade nacional. Entre os séculos XIX e XX, cando o Estado español se enfronta simultáneamente á necesidade de xustificar a centralización e a uniformización cultural e as consecuencias da descolonización dos últimos territorios do Caribe e do Pacífico, os historiógrafos castelanistas, tendendo unha ponte histórica de sete séculos, asumen aórticamente a ideoloxía de Ximénez de Rada. Sitúan no século XIII a formulación da idea da unidade de España, pensando, como Ramón Menéndez Pidal, que co «renacemento dos estudios históricos sobre España» e «fronte ao localismo ocasional, o concepto unitario de España, primeiramente expresado na vella crónica de Afonso III, chega á súa perfección e á súa divulgación máxima nas páxinas latinas do arcebispo toledano [...] e na prosa romance de Afonso X. [...] Estas dúas obras serviron de guía a todos os historiógrafos posteriores, o mesmo de Castela que de Aragón, Navarra ou Portugal, e foron lectura constante de doutos e de vulgo durante cinco séculos; nelas conformaba o seu espirito todo home que sentía o alentó do pasado vivificador do presente»(1). Os ideólogos do 98 non se limitan a destacar aquel momento inicial da formación da ideoloxía castelanista. Pola contra, van máis ala que Afonso X e os cortesáns casteláns do século XIII, reclamando unha maior atención a aspectos ignorados do ideal hispánico unitario arredor de Castela, ou dando por acontecementos históricos os relatos novelescos introducidos nas crónicas aparecidas despois do século XIII, na tradición medieval que toma categoría de dogma na obra de Rada e Afonso X. Contra as pretensións doutros países peninsulares que defenden o seu pasado cunha visión que Pidal denomina de fragmentación dos reinos medievais, el afirma que é «necesidade actual da Historia adicarse a remediar toda clase de descuidos e parcialismos anteriores, descubrindo e traendo á luz aquelas zonas pretéritas que están esquecidas por non caír baixo o ángulo visual dos intereses historiográficos acordados noutros tempos e noutros autores, zonas cunha iluminación que proxecte reflexións do pasado sobre o presente», de maneira que «aínda que un arcebispo toledano ou Rei Sabio tiñan visión certeira do conxunto hispánico, era sempre con notoria deficiencia, ignorando por completo institucións e feitos moi significativos que non chamaran a atención dos historiógrafos dos séculos anteriores; e ese peculiar descuido medieval prolóngase incorrixido até hoxe, facendo posíbeis modernas interpretacións localistas de toda a historia española conformes coa limitación conceptual ou partidista do autor» (2).
Pódese dicir que toda a corrente historiográfica castelanista, seguindo pautas de pensamento que teñen unha tradición secular e que están aínda hoxe vixentes, se basea nun relato histórico negador de contidos substanciáis das mesmas fontes que utiliza, e interpreta a construción do Estado español desde posicións deterministas e uniformistas contrarias á diversidade real e a acción política e cultural histórica dos pobos peninsulares, coas consecuencias de futuro que tal posición trae consigo. Os membros desa corrente negan a diversidade histórica da sociedade peninsular e nas súas posicións políticas e culturáis confunden as súas argalladas ideolóxicas, consideradas como a forma de vida do pobo español, coa propia realidade da historia común peninsular. Pidal afirma que «a forma de vida que o pobo español levou a través de dous mil anos non é tal equivocación permanente, nen tal infraestrutura postiza, senón a estrutura normal, a máis connatural que ese pobo puido tomar dentro das multiformes circunstancias históricas nas que se viu envolto» (3).
A desvirtuación histórica castelanista afecta de xeito especial os momentos orixinarios dos reinos peninsulares. Para Pidal, despois da invasión musulmana a historia non sería outra cousa máis que o cumprimento dun destino profético, un longo camino coñecido a percorrer na recuperación dunha unidade perdida, chegando a afirmar que na concepción da historia nos reinos cristiáns medievais mirábase «a división dos reinos como un daño pasaxeiro ao que Deus vai pondo remedio, pensamento político esencial para explicar a constante tendencia reintegradora que vai obrándose pacificamente [sic] a través de toda a Baixa Idade Media». Tal destino do que chama o solo patrio, sería continuada ao longo da Idade Media, nunha aspiración territorial que se «sentiu cumprida no século XIII» por obra de Castela, país que cualifica como «novo robur Hispaniae»4 —a nova forza de España—, de maneira que «tanto o pobo como os reis miran terminada a grande obra, sabendo que era a empresa unitiva da España total». Esta concepción profética da historia peninsular, que non contempla procesos de concentración similares producidos noutros territorios europeus por razóns políticas, dinásticas, relixiosas ou económicas, atribúe absurdamente a Castela o protagonismo histórico incluso en tempos anteriores á súa propia existencia política como reino.
[...] Da mesma maneira, Menéndez Pidal confesa que textos históricos fundamentáis, que aínda hoxe se sitúan na cerna da historiografía medieval e moderna española, descoñecen caracteres básicos do reino de Gallaecia. Referíndose ao denominado pola historiografía española como Fernando o Magno, reí de Castela, Pidal revela que «A Crónica General, Mariana e demais historiadores, descoñecendo a tradición leonesa, suponen que Fernando é o primeiro que se chama emperador ou par de emperador» (6). Mais ao tempo que chama a atención sobre a ignorancia da historia dos reis e emperadores de Gallaecia, oculta que o título imperial lle pertencía nese momento á raíña galega Sancha, criada en Santo Estevo de Piadela en Betanzos, da cal Fernando non era máis que o consorte. Analizando as orixes do pensamento historiográfico español, ao falar dun autor do século XV, Diego Catalán (7) constata como o bispo Arévalo, un autor fundamental para comprender a formación da ideoloxía que atribúe a Castela o «impulso mesiánico» e a «misión sagra» que lle da «sentido a toda a historia de España», chega a dicir que «a propia sucesión ininterrompida até o presente, dos reis godos, é considerada como un premio sobrenatural concedido a Castela por ter instituido o culto a Santiago e pola súa fidelidade aos dogmas da Igrexa católica». É excusado salientar que Castela nen existía como institución política, e menos como reino, cando foi instituido o culto a Santiago en Compostela.
A historiografía castelán
Este, a quen a historiografía española denomina Afonso VIII (1158-1214), foi o primeiro reí duradeiro de Castela como reino independente, criado paradoxalmente por Afonso VII, o reí consagrado en Compostela. Durante o seu reinado, arredor dos intereses eclesiásticos de Toledo e dos políticos do reino nacente, sentáronse os fundamentos ideolóxicos do caste-lanismo. Dentro desta ideoloxía, Castela suplanta a historia dos reinos centro-occidentais peninsulares, procurando a lexitimación do seu poder non so a través da negación de Gallaecia como fundamento deses reinos, senón magnificando e mitificando a historia do condado castelán.
Rodrigo Ximénez de Rada chega a dicir, referíndose a Fernán González: «a este distinguíao Deus»(8), contribuíndo decisivamente ao establecemento de mitos que pouco e pouco tomaron corpo case real na historiografía do Estado español. Na invención da ideoloxía de Castela e da suposta dinastía navarra, Rada estivo especialmente ao servizo de Berenguela, filia do rei Afonso VIII e muller separada de Afonso IX, que canda a morte accidental do seu irmán Enrique, cedeulle a coroa de Castela ao seu filio e herdeiro de Gallaecia-León Fernando [III] contra a vontade de Afonso IX.
A interpretación histórica de Afonso X de fináis do XIII, bascada nos escritos de de Lucas de Tui e Rodrigo Ximénez de Rada do mesmo século, foi precedida, de acordó con Diego Catalán, por textos elaborados precisamente durante os reinados de Afonso VIII, Berenguela e Fernando III. Así ocorre con o Líber Regum, escrito en romance navarro entre 1196 e 1209, a Crónica latina de los reyes de Castilla de 1236, e o Poema de Fernán González, composto cara a 1250 por un monxe de San Pedro de Arlanza.
O autor navarro-rioxano do Líber Regum non procura a xenealoxía de Afonso VIII na continuidade da liña dinástica galaica na que el mesmo era neto de Afonso VII de Caliza, senón na elección «dos iudices por que's Cabdellasen», Ñuño Rasuera e Laín Galbo. Do mesmo xeito «o monxe cantor de Fernán González [...] a pesar de que coñecía e manexaba a Lucas de Tui, negouse a seguir a versión deste, típica leonesa, da historia nacional, e, baseándose no Líber Regum defendeu as orixes castelás da monarquía», chegando a dicir que «de toda Spaña Castiella es mejor porque fue de los otros el comience mayor» e que «Castiella la Vieja al mi entendimiento mejor es lo que al, por que fue el çimiento». Sempre de acordó con Catalán, a Crónica Latina de los Reyes de Castilla de 1236 fai remontar a dinastía de Fernando III -filio do galego Afonso IX- simplemente a Fernán González, afirmando que «defunto Comité Fernando Gundissalui, qui primus tenu(it) comitatum tempere Roderici regís Goturum factam in Yspanis, sucessit ei filius eius comes Garsias Fernandi», e deita a Gallaecia por un buraco negro fóra da historia ao saltar directamente no seu relato desde «a perda da cristiandade hispana até a aparición do condado castelán».
Esta visión histórica da liña dinástica castelá é contraditoria cunha interpretación obxectiva da orixe do reino de Castela que aparece mesmo en crónicas da época como a Crónica Seminense —mal chamada como Silense, segundo Catalán, pois non procede de Silos en Castela, senón do territorio de León— escrita cara a 1118, isto é, durante o reinado de Afonso VII para cantar as xestas do seu avó Alfonso VI. Na descrición da ascendencia de Afonso VI, esta Crónica resalta e dalle preferencia á «prosapia materna» de Afonso VI, é dicir, á liña da súa nai a emperatriz galega Sancha, fronte á do seu pai, o príncipe consorte Fernando, a quen a ideoloxía castelanista chega a considerar fundador dunha dinastía no reino de Gallaecia-León e mesmo a investilo como rei de Castela. [...]
Durante o século XIII, vivíronse en Castela dous movementos político-culturais de sentido histórico encontrado. A cultura da poesía trobadoresca revelaba a influencia da cultura galega da nobreza e da dinastía real. O desenvolvemento das crónicas apoloxéticas de Castela —o reino que se afirmaba desde Toledo— anunciaba a separación castelá do tronco político galaico, e finalmente o predominio do castelán nesa corte, mentres que o galego se tornaba oficial en Portugal.
A obra de Rodrigo Ximénez de Rada (9) De rebus Hispaniae —precedida polo Cronicón mundi de Lucas de Tui publicado en 1236—, base da ideoloxía castelanista, estaba destinada a engrandecer a Castela de Afonso VIII e da súa filia Berenguela, reinventándose nela o pasado peninsular a favor de Castela e esquecendo o reino de Gallaecia. Rada foi chanceler do reino de Castela con Afonso VIII e con Fernando III. Estivo sempre ao servizo da raíña Berenguela, particularmente en 1230, procurando que Fernando III se fixera co reino de Gallaecia.
De rebus Hispaniae é tomada por Afonso X como fundamento da súa Primera Crónica Genéral o Historia de Espanna, de acordó coa deriva casteiá da súa coroa, en concordancia coa visión da súa avoa e educadora Berenguela. Afonso X continúa un proceso que, segundo Diego Catalán, «permite á historiografía afonsina do último tercio do século XIII manterse culturalmente viva até os primeiros tempos da imprenta e deixar unha pegada imborrábel na nación española, inventada nos días do Concilio de Basilea por prelados de raigame hebraica e reformulada polos humanistas de España e Portugal no tránsito do século XV ao XVI»(10).
En coincidencia co tempo dos trabadores en lingua galega, a obra de Rada foi publicada en 1243. Afonso X inicia a súa andaina historiográfica sobre o ano 1270, cando xa se producirá o fundamental da poesía trobadoresca. Na súa Estoria de España, Afonso X abandona o latín, aínda utilizado polo navarro-castelán Rada. A pesar de ter escrito as Cantigas de Santa María na lingua do seu pai e dos seus avós paternos, Afonso X decidiu converter o castelán na lingua oficial da súa coroa. [...] A Crónica de Castilla tamén é escrita no tempo de Afonso XI, a principios do século XIV, rematando unha etapa historiográfica castelanista iniciada por Ximénez de Rada e culminada por Afonso X. Nela, como se ten dito, chégase mesmo a dar un Cid -na realidade pouco máis que recen nado nese ano- como conquistador de Coímbra no ano 1064.
(1) MENÉNDEZ PIDAL (1991: 169-178).
(2) MENÉNDEZ PIDAL (1991: 79, 164 e 256).
(3) MENÉNDEZ PIDAL (1967 [1929]), La España del Cid, Espasa Calpe, 7a edición, p. 196.
(4) RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL (1991), Los españoles en la historia, Espasa Calpe, Madrid, pp. 178-179
(5) RAFAEL LAPESA (1986 [1942]), Historia de la Lengua Española, Credos, Madrid, pp. 189, 238, 247 e 286.
(6) MENÉNDEZ PIDAL (1967 [1929]: 111).
(7) DIEGO CATALÁN (1991), «Introducción», en MENÉNDEZ PIDAL (1991: 49--50).
(8) RODRIGO XIMÉNEZ DE RADA (1987) Historia de los Hechos de España, Alianza, Madrid, introducción, traducción, notas e índice de Juan Fernandez Valverde, p. 193.
(9) XIMENEZ DE RADA (1987).
(10) CATALÁN (1992).
6 Comments:
Me ha sorprendido cómo yo he llegado a las mismas conclusiones que este buen señor respecto a la historiografía castellana. Ahora lo que haría falta es que alguien abriese el debate a nivel nacional.
Señor Nogueira don Camilo: ¿desde cuando el rey Alfonso IX es gallego, nació en la leonesa ZAmora y lo era de LEÓN y de Galicia, este último como territorio feudatario y dependiente, y en su escudo, incluído el del tumbo de la ciudad religiosa por antonomasia del Regnum Imperium Legionensis, un león rampante o pasante. ¡Increible lo de los galaicos lucenses o ártabros!
EL REY ALFONSO IX DE LEÓN, LO ERA DE LEÓN Y DE GALICIA, ESTE COMO REINO SECUNDARIO Y TERRITORIO DEPENDIENTE O FEUDATARIO, NO ERA GALLEGO SENSU STRICTO, YA QUE NACIÓ EN LA LEONESA ZAMORA Y ESTÁ ENTERRADO EN LA CIUDAD RELIGIOSA, POR ANTONOMASIA, DEL REGNUM IMPERIUM LEGIONENSIS, QUE ERA COMPOSTELA, CON UN LEÓN PASANTE O RAMPANTE A SUS PIES,¿DE ACUERDO SEÑOR CALLAICO LUCENSE?
nunca Galicia fue feudataria de León, sino que León ciudad era la sede regia. Galicia era el núcleo del reino, por algo la lengua de prestigio de la península era el gallego, por algo las cantigas de santa maría, escritas por el rey de Castilla en el siglo XIII, están en gallego. El reino tenía el poder religioso en Compostela y la sede del rey en la ciudad de León. La gallega casa de Trava era la encargada de educar a los monarcas. La dichosa costumbre de denominar al reino por la sede regia se ve que hizo mucho daño y de ahí el comentario de "Galicia no era importante", cuando era precisamente el núcleo del reino. De hecho, León no empieza a diferenciarse como reino (aunque sigue unido al de Galicia por un tiempo) hasta la muerte de Alfonso VII. Consulte los mapas y crónicas de la época para ver cómo se llamaba el reino, por ejemplo el mapa de Al Idrissi, considerado el más preciso hasta el siglo XV. Dice Ard Galica. León aparece como ciudad, al igual que Sankt Iakubi. El mapamundi inglés de Sawley, del siglo XII, los mapas de los beatos de Liébana, etc. Hay muchos y la denominación no era León.
no, infórmese mejor. En octubre de 2022 se celebró en Santiago de Compostela un congreso sobre el reino de Galicia, con expertos de varias universidades, no todos gallegos, por cierto. La historiografía del siglo XIX ha hecho mucho daño. El león rampante es el símbolo de la casa de Borgoña, no tiene que ver con la ciudad de León, cuyo nombre viene de "Legion" por situarse en el sitio de acantonamiento de una legión romana, no procede del nombre del animal "león" .
Fernando e Afonso eran reis de GALIZA e dos Leoneses esa era a titulacion oficial
Publicar un comentario
<< Home