El Reino Olvidado

Este diario es la crónica de un país olvidado, el seguimiento de su huella histórica, cultural y artística en España y en Europa.

Mi foto
Nombre:
Lugar: Bergidum, Asturia, Spain

ex gente susarrorum

jueves, junio 22, 2006

Autoxenreira e perda da identidade

Texto e fotos de M. RODRÍGUEZ

Revista Parolar

O feito de se atopar no corazón da antiga Gallaecia romana, e ser unha rexión ben coutada xeográficamente entre a Galiza e León no noroeste de España, asemade abandonada pola administración estatal, fixo que o Bierzo conservase até hai dúas décadas as súas linguas e vellas tradicións nun estado moi enxebre.


Hoxe a situación é ben diferente. Sometido a un proceso de diglosia avantado, as súas linguas propias, o galego-portugués e o asturiano-leonés ou bable, seguen a recuar co paso do tempo nos seus territorios falantes, especialmente entre a xente máis nova, fronte ó castelán que se impón como lingua única. Parello coa morte das súas linguas autóctonas vai o esvaemento da identidade propia berciá.

A Lingua

O Bierzo é unha rexión históricamente leonesa e lingüísticamente bilingüe, galego e asturiano-leonés ("bercianu"), nas súas variedades propias berciás, son as linguas de seu.
O galego, ou galego-portugués, espállase no Bierzo polo seu tercio occidental, até a vertente oriental do río Cúa aproximadamente (zona Ancares-Seo), segundo o que estabelecen os distintos estudos lingüísticos da zona, e mestúrase nalgúns puntos da área de contacto entre linguas co asturiano-leonés; hai concellos bilingües como Veiga de Espiñareda. As variedades da lingua falada son o galego-oriental berciao e o ancarés, ámbalas dúas arcaicas e conservadoras, xa que logo con moitas semellanzas co portugués.

En niveis de diglosia diferentes, o galego do Bierzo atópase hoxe nunha situación mellor có asturiano-leonés, outramente coñecido como "bercianu", o cal se espalla polo resto da rexión, e carece de oficialidade no seu eido lingüístico no estado español e de calquera tipo de axuda oficial nin interese pola administración na comunidade autónoma de Castela e León, malía a lexislación europea e española a prol das linguas propias e minorizadas.

Situación mellor non quere dicir situación boa, xa que a situación da lingua galega no Bierzo actualmente é lamentable: sen ningún respecto polos topónimos nin os dereitos dos falantes (só son oficiais os topónimos en castelán), ensino optativo da lingua nuns poucos centros de primaria, sen medios de comunicación locais nin resonáis na lingua propia e sen campañas de promoción e uso social da lingua.

Identidade

Preto da Galiza e de Asturias, a identidade leonesa do Bierzo achégase á galega e a asturiá. A cultura e identidade berciá é básicamente ástur ou cisástur, identidade baseada en distintos trazos propios visibles na arquitectura popular (casas con corredores suspensos, pedra sen escuadrar,...), modelo de ocupación territorial (aldeas semiautónomas con igrexa, cemiterio, concello, terra comunal,...), o rol social da mai e a muller, ou os costumes e tradicións entre outros.

Paseniño, a identidade vaise esnaquizando coas aldeas baleiras e as construccións antigas en ruínas, sen o apoio que cómpre ter por parte das institucións.

Autoxenreira

A poboación berciá caracterízase pola autoxenreira, o desprezo ás súas linguas e cultura autóctonas, considerando o modelo lingüístico correcto a seguir o uniformizador castelán e as linguas propias como unha fala chea de eivas ou sinxelamente "non saber falar ben".

A grande represión lingüístico-cultural que atura históricamente León, produce que hoxe o pobo leonés rexeite as falas e cultura de seu fronte ao castelán, as cales non colleron as rudeiras para entraren nun proceso de dignificación e normalización social cando si o fixeron na Galiza, Euskadi, Catalunya ou mesmo en "Miranda de l Douro" (Portugal) hai cinco anos. Como resultado tamén se observa a grande confusión xeral dos termos: leonés, castelán, galego, o descoñecemento da existencia da lingua asturiano-leonesa, mesmo polos propios asturfalantes, e a progresiva castelanización da fala.

4 Comments:

Blogger Sergio B. Landrove said...

A verdade é que da gusto ler a un galego escribindo dende Galicia sobre o Bierzo recoñecendo a súa peculiaridade e ¡a súa "leonesidade"!

Certamente é abraiante e da moito en que matinar: se prescindimos das opinións dos políticos profesionais parece que chegar a unha "verdade" non ten porqué ser tan difícil como pintánnoslo algúns.

¿Quen edita esa revista? ¿Quen é o autor do artigo?

Moitas grazas polo teu blog que co seu plurilingüismo leonés da moitas leccións a tanto paspallás que anda solto sen ter lido máis co Marca (ou nin iso).

3:17 p. m.  
Blogger Taliesin said...

Non é galego. É berciano do Bierzo occidental e vive en Calaluña.

10:48 p. m.  
Blogger Sergio B. Landrove said...

Pois caseque sorpréndeme máis.

Moitas grazas.

11:13 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Non da muito gusto: nin sequera distingue preto=negro de perto=cerca...

Da noxo.
Mellor se escribera castelán, porque todos estos dialectos, falares e idiomas son españoles...

Saludos

4:38 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home